ESTA SEMANA COLABORAMOS CO ALUMNADO DE INFANTIL DE CINCO ANOS NA RECREACIÓN DUN CADRO DE PICASSO.
TIÑAMOS A IMAXE DE DÚAS MULLERES CORRENDO E AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE CINCO ANOS TIÑAN QUE PENSAR CAL ERA O FONDO DESE CADRO...
FOI XENIAL!
TIÑAN UNHAS IDEAS ESTUPENDAS.
AXUDAMOS A QUE ELABORASEN OS FONDOS... QUEDARON GUAIS!!!!!
IMOS POÑER TODOS OS CADROS RESULTANTES NUNHA EXPOSICIÓN.
MENTRES TANTO MIRADE:
AGORA SÓ NOS QUEDA VER COMO ERA O ORIXINAL DE PICASSO... QUE CURIOSIDADE!
ESTE É O BLOG DO ALUMNADO DE 6º B DO CEIP VILAVERDE. NEL XA RECOLLEMOS ALGUNHAS NOVAS O CURSO PASADO E AGORA POÑEREMOS NOTICIAS SOBRE AS NOSAS APRENDIZAXES, OS NOSOS XOGOS, AS NOSAS INQUEDANZAS...
enero 25, 2013
enero 18, 2013
A TODA MÁQUINA!
No recuncho de Mavera andamos con moita tarefa.
Neste trimestre as máquinas invádennos!
Temos máquinas inventadas; máquinas reais,...
Ata temos máquinas amables!!! Si, é unha máquina da paz, unha máquina que funciona con cualidades positivas das persoas... e claro teremos que botarlle o combustible.
Con tanta máquina non nos vai quedar máis remedio que ter expertas e expertos en máquinas: enxeñeiras e enxeñeiros, inventoras e inventores, persoal do servizo técnico,... Como vén o entroido igual se nos ocorre algo para contratar a tanta xente!

diciembre 21, 2012
HOXE REMATAMOS O TRIMESTRE
COMO MAIORES DO COLEXIO TÓCANOS AXUDAR NA ORGANIZACIÓN DA CHOCOLATADA: REPARTIMOS CHOCOLATE, AXUDAMOS A CORTAR AS ROSCAS, REPARTIMOS AS TALLADAS, AXUDAMOS CO ALUMNADO DE INFANTIL:
TAMÉN TOMAMOS A CHOCOLATADA, ESTABA DELICIOSA!
CON ELA REMATAMOS O TRIMESTRE E O ANO.
FELIZ 2013.
TAMÉN TOMAMOS A CHOCOLATADA, ESTABA DELICIOSA!
CON ELA REMATAMOS O TRIMESTRE E O ANO.
FELIZ 2013.
diciembre 18, 2012
APRENDEMOS SOBRE USO SEGURO DA INTERNET
A POLICÍA ESTIVO NO COLEXIO PARA INFORMARNOS SOBRE OS PERIGOS QUE TEN UN USO IRRESPONSABLE DE INTERNET.
FOI UNHA CHARLA MOI INSTRUTIVA. PENSAMOS TOMAR BOA NOTA DO QUE NOS DIXERON
FOI UNHA CHARLA MOI INSTRUTIVA. PENSAMOS TOMAR BOA NOTA DO QUE NOS DIXERON
noviembre 23, 2012
UNHA DEGUSTACIÓN OUTOÑAL
Como xa sabedes, nos 6º tivemos que investigar sobre a gastronomía do outono para a exposición do centro. E claro... que é unha investigación sen unha comilona despois?
Pois hoxe os dous grupos de 6º trouxemos receitas de outono e probamos: había crema de castañas, pratos con setas, adubíos con coco,... Queredes as receitas?
Pois hoxe os dous grupos de 6º trouxemos receitas de outono e probamos: había crema de castañas, pratos con setas, adubíos con coco,... Queredes as receitas?
noviembre 19, 2012
20 e 25 de NOVEMBRO
MALALA DANOS EXEMPLO DE COMO LOITAR POLOS NOSOS DEREITOS. ELA LOITOU POR IR Á ESCOLA E DENUNCIOU A DISCRIMINACIÓN QUE SUFRÍAN AS NENAS NO SEU PAÍS. ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELA E OS NOSOS DEREITOS.
noviembre 09, 2012
E NUN OUTONO IDEAL... NON PODÍA FALTAR O MAGOSTO!
Todo o colexio estivo investigando ao redor do outono, nós tamén. A gastronomía é o noso forte.
Agora, este venres, tocounos exercer de maiores: axudamos na organización dos xogos e bailes, pintamos os espazos, levamos as castañas, axudamos a Paco no asado, distribuímos castañas,... Cando collamos a cama hoxe non imos dar creto!
Foi un día xenial e aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)