noviembre 23, 2012

UNHA DEGUSTACIÓN OUTOÑAL

Como xa sabedes, nos 6º tivemos que investigar sobre a gastronomía do outono para a exposición do centro. E claro... que é unha investigación sen unha comilona despois?
Pois hoxe os dous grupos de 6º trouxemos receitas de outono e probamos: había crema de castañas, pratos con setas, adubíos con coco,... Queredes as receitas?

noviembre 19, 2012

20 e 25 de NOVEMBRO


MALALA DANOS EXEMPLO DE COMO LOITAR POLOS NOSOS DEREITOS. ELA LOITOU POR IR Á ESCOLA E DENUNCIOU A DISCRIMINACIÓN QUE SUFRÍAN AS NENAS NO SEU PAÍS. ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELA E OS NOSOS DEREITOS.

noviembre 09, 2012

E NUN OUTONO IDEAL... NON PODÍA FALTAR O MAGOSTO!

Todo o colexio estivo investigando ao redor do outono, nós tamén. A gastronomía é o noso forte. Agora, este venres, tocounos exercer de maiores: axudamos na organización dos xogos e bailes, pintamos os espazos, levamos as castañas, axudamos a Paco no asado, distribuímos castañas,... Cando collamos a cama hoxe non imos dar creto! Foi un día xenial e aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica.
 

octubre 21, 2012

UN OUTONO MÁIS NO CENTRO

CHEGOU O OUTONO E... TAMÉN O MAGOSTO AO CEIP VILAVERDE!!!
ESTE ANO UNHA EXPOSICIÓN SERÁ O NÚCLEO DE TRABALLO PARA TODO O CENTRO.
NÓS TRABALLAMOS SOBRE A GASTRONOMÍA DO OUTONO... HUMMMMM!
TAMÉN VEREMOS REFRÁNS.
AQUÍ POÑEMOS UNS EXEMPLOS DA BIBLIOTECA DO CEIP DE ESTEIRO MENTRES NON RECOLLEMOS OS NOSOS.

octubre 03, 2012

APRENDENDO SOBRE O NOSO CORPO

Temos na clase unha chea de libros relacionados cos cambios que están a sufrir os nosos corpos. Hai unha listaxe onde anotamos os libros que levamos emprestados.
Estas lecturas forman parte do programa de "Educación afectivo-sexual" que se desenvolve en 6º.
Na casa lémolos con mamá, con papá, cos irmáns, coas irmás,... aproveitamos para falar moito sobre un tema tan interesante e tamén para facer as preguntas que nos interesan,...
Na aula estamos traballando ao redor da reprodución humana. Temos vídeos, presentacións,... Así completamos a información tamén co aspecto biolóxico.

septiembre 09, 2012

ESTAMOS EN 6º!

O DÍA 12 CHEGAREMOS DE NOVO ÁS AULAS, PERO... ESTAREMOS EN SEXTO! QUE POUQUIÑO FALTA PARA QUE REMATEMOS A PRIMARIA!
SEGURO QUE MAVERA NOS TERÁ PREPARADA ALGUNHA SORPRESIÑA... QUE SERÁ DESTA VEZ?
DEICA LOGUIÑO!

junio 22, 2012

VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!

MAVERA MARCHA DE VACACIÓNS DE VERÁN E NÓS, O ALUMNADO TAMÉN.
EN SETEMBRO VERÉMONOS!
A ONDE IRÁ MAVERA?
BO VERÁN!