diciembre 21, 2011

A NOSA PRIMEIRA CHOCOLATADA NO 3º CICLO

NON É A NOSA PRIMEIRA CHOCOLATADA NO COLE, PERO SI DENDE QUE ESTAMOS NO TERCEIRO CICLO.
O CHOCOLATE PREPAROUNO A ANPA, ESTABA MOI RICO. A CHOCOLATADA ESTABA ACOMPAÑADA POR UNHA ROSCA MOI SABROSA.
OS REIS MAGOS TAMÉN NOS REPARTIRON AGASALLOS...

REMATAMOS O DÍA LENDO A PRENSA E BUSCANDO A NOTICIA ONDE APARECÍAN OS PREMIOS DA CLASE.
FELIZ 2012!!!

diciembre 20, 2011

RECIBIMOS O PREMIO

Hoxe fomos ao CITA e alí déronnos o agasallo polo traballo sobre o "Dereito a ter unha familia" Ao comezo estivemos cun chisquiño de nervios, pero fomos gañando tranquilidade ao ver ao resto de gañadoras e gañadores.
Xunto a nós había outras nenas e nenos doutros coles e tamén Adriana, unha nena de infantil de tres anos do noso colexio, co seu abriguiño vermello non parecía nada nerviosa.
Foi unha experiencia especial.

diciembre 17, 2011

OS NOSOS BODEGÓNS

Participamos con todo o colexio dun proxecto sobre o outono. Investigamos. E elaboramos os nosos bodegóns. Un deles está na exposición do colexio e os outros acabamos de colocalos no noso corredor. Vinde velos! Aquí vai unha primicia:

diciembre 15, 2011

NA CLASE GAÑAMOS UN PREMIO

VIMOS DE PARTICIPAR NO CONCURSO "PLANTANDO UN ARCO DA VELLA" NO QUE, DESPOIS DE TRABALLAR NA CLASE OS DEREITOS DA INFANCIA, PROFUNDAMOS SOBRE O DEREITO A TER UNHA FAMILIA.
ELABORAMOS VARIOS TRABALLOS EN EQUIPO, TODOS MOI LINDOS. MANDÁMOLOS AO CONCELLO E Á FUNDACIÓN MENIÑOS E...
UN EQUIPO GAÑOU UN PREMIO E OUTRO EQUIPO FOI SELECCIONADO PARA A EXPOSICIÓN.
GAÑOU O PREMIO O EQUIPO FORMADO POR:
- FERNANDO AMOEDO
- DAVID BLANCO
- ESTRELA CAMPOS
- PAULA VILLANUEVA
E SELECCIONOUSE PARA A EXPOSICIÓN O TRABALLO DE
- DANIEL CONS
- NOELIA BUGALLO
O PREMIO RECIBIRANO O DÍA 20 NO CONCELLO
E A EXPOSICIÓN PODERASE VER DURANTE O NADAL NO CONCELLO E NO CHALÉ DE FONTOIRA.
NORABOA!

diciembre 12, 2011

ELABORANDO TARXETAS DE NADAL

A SEMANA PASADA ELABORAMOS AS NOSAS TARXETAS DE NADAL. PRIMEIRO VIMOS COMO PODEMOS FACER TARXETAS ORIXINAIS E DESPOIS PUXÉMONOS Á FAENA.
TEMOS UNHAS TARXETAS MOI BONITAS QUE VOS AMOSAREMOS EN FOTOS, VEREDES QUE BONITAS SON!

diciembre 01, 2011

UNHA VISITA NA CLASE

Roberto, da asociación Meniños, veu á nosa clase para recoller os traballos que elaboramos sobre o dereito a ter unha familia.
Podedes vernos como damos os nosos traballos con moito orgullo, ogallá que a nosa contribución valla para reclamar os dereitos que todas as nenas e os nenos do mundo deben ter.