octubre 21, 2012

UN OUTONO MÁIS NO CENTRO

CHEGOU O OUTONO E... TAMÉN O MAGOSTO AO CEIP VILAVERDE!!!
ESTE ANO UNHA EXPOSICIÓN SERÁ O NÚCLEO DE TRABALLO PARA TODO O CENTRO.
NÓS TRABALLAMOS SOBRE A GASTRONOMÍA DO OUTONO... HUMMMMM!
TAMÉN VEREMOS REFRÁNS.
AQUÍ POÑEMOS UNS EXEMPLOS DA BIBLIOTECA DO CEIP DE ESTEIRO MENTRES NON RECOLLEMOS OS NOSOS.

octubre 03, 2012

APRENDENDO SOBRE O NOSO CORPO

Temos na clase unha chea de libros relacionados cos cambios que están a sufrir os nosos corpos. Hai unha listaxe onde anotamos os libros que levamos emprestados.
Estas lecturas forman parte do programa de "Educación afectivo-sexual" que se desenvolve en 6º.
Na casa lémolos con mamá, con papá, cos irmáns, coas irmás,... aproveitamos para falar moito sobre un tema tan interesante e tamén para facer as preguntas que nos interesan,...
Na aula estamos traballando ao redor da reprodución humana. Temos vídeos, presentacións,... Así completamos a información tamén co aspecto biolóxico.