enero 30, 2013

HOXE, DÍA DA PAZ

DESPOIS DE TRABALLAR ARREO SOBRE AS CUALIDADES, A IMPORTANCIA DE SER POSITIVAS E POSITIVOS,... DE TRABALLAR AO REDOR DA PAZ, TIVEMOS UNHA CELEBRACIÓN NO PATIO CON TODO O CENTRO:
- PRESENTAMOS O EVENTO
- INTERPRETAMOS UNHA SECUENCIA RITMADA: CHUCURUCHU QUE FOI SEGUIDA POLO RESTO DO ALUMNADO DO CENTRO
- TOCAMOS E CANTAMOS UNHA VERSIÓN DO "HIMNO DA ALEGRÍA"
- BAILAMOS

enero 28, 2013

INVESTIGAMOS CUALIDADES PARA FACER MENSAXES

LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO CON ADXECTIVOS, BUSCANDO CUALIDADES POSITIVAS...
QUEREMOS MANDARNOS MENSAXES, MENSAXES AGRADABLES, MENSAXES QUE SUBAN A AUTOESTIMA E QUE CONTRIBÚAN Á PAZ.
EN INGLÉS TAMÉN INVESTIGAMOS, TEMOS A CLASE TODA CHEA DE CUALIDADES E XA ESTAMOS ELABORANDO MENSAXES E COLOCANDO NUN MURAL ALGUNHAS DAS CUALIDADES ESCOLMADAS

enero 25, 2013

UNHA EXPERIENCIA PICASSIANA CON INFANTIL

ESTA SEMANA COLABORAMOS CO ALUMNADO DE INFANTIL DE CINCO ANOS NA RECREACIÓN DUN CADRO DE PICASSO.
TIÑAMOS A IMAXE DE DÚAS MULLERES CORRENDO E AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE CINCO ANOS TIÑAN QUE PENSAR CAL ERA O FONDO DESE CADRO...
FOI XENIAL!
TIÑAN UNHAS IDEAS ESTUPENDAS.
AXUDAMOS A QUE ELABORASEN OS FONDOS... QUEDARON GUAIS!!!!!
IMOS POÑER TODOS OS CADROS RESULTANTES NUNHA EXPOSICIÓN.
MENTRES TANTO MIRADE:

AGORA SÓ NOS QUEDA VER COMO ERA O ORIXINAL DE PICASSO... QUE CURIOSIDADE!

enero 18, 2013

A TODA MÁQUINA!

No recuncho de Mavera andamos con moita tarefa.
Neste trimestre as máquinas invádennos!
Temos máquinas inventadas; máquinas reais,...
Ata temos máquinas amables!!! Si, é unha máquina da paz, unha máquina que funciona con cualidades positivas das persoas... e claro teremos que botarlle o combustible.
Con tanta máquina non nos vai quedar máis remedio que ter expertas e expertos en máquinas: enxeñeiras e enxeñeiros, inventoras e inventores, persoal do servizo técnico,... Como vén o entroido igual se nos ocorre algo para contratar a tanta xente!