No recuncho de Mavera andamos con moita tarefa.
Neste trimestre as máquinas invádennos!
Temos máquinas inventadas; máquinas reais,...
Ata temos máquinas amables!!! Si, é unha máquina da paz, unha máquina que funciona con cualidades positivas das persoas... e claro teremos que botarlle o combustible.
Con tanta máquina non nos vai quedar máis remedio que ter expertas e expertos en máquinas: enxeñeiras e enxeñeiros, inventoras e inventores, persoal do servizo técnico,... Como vén o entroido igual se nos ocorre algo para contratar a tanta xente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario