octubre 03, 2012

APRENDENDO SOBRE O NOSO CORPO

Temos na clase unha chea de libros relacionados cos cambios que están a sufrir os nosos corpos. Hai unha listaxe onde anotamos os libros que levamos emprestados.
Estas lecturas forman parte do programa de "Educación afectivo-sexual" que se desenvolve en 6º.
Na casa lémolos con mamá, con papá, cos irmáns, coas irmás,... aproveitamos para falar moito sobre un tema tan interesante e tamén para facer as preguntas que nos interesan,...
Na aula estamos traballando ao redor da reprodución humana. Temos vídeos, presentacións,... Así completamos a información tamén co aspecto biolóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario