noviembre 23, 2012

UNHA DEGUSTACIÓN OUTOÑAL

Como xa sabedes, nos 6º tivemos que investigar sobre a gastronomía do outono para a exposición do centro. E claro... que é unha investigación sen unha comilona despois?
Pois hoxe os dous grupos de 6º trouxemos receitas de outono e probamos: había crema de castañas, pratos con setas, adubíos con coco,... Queredes as receitas?

noviembre 19, 2012

20 e 25 de NOVEMBRO


MALALA DANOS EXEMPLO DE COMO LOITAR POLOS NOSOS DEREITOS. ELA LOITOU POR IR Á ESCOLA E DENUNCIOU A DISCRIMINACIÓN QUE SUFRÍAN AS NENAS NO SEU PAÍS. ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELA E OS NOSOS DEREITOS.

noviembre 09, 2012

E NUN OUTONO IDEAL... NON PODÍA FALTAR O MAGOSTO!

Todo o colexio estivo investigando ao redor do outono, nós tamén. A gastronomía é o noso forte. Agora, este venres, tocounos exercer de maiores: axudamos na organización dos xogos e bailes, pintamos os espazos, levamos as castañas, axudamos a Paco no asado, distribuímos castañas,... Cando collamos a cama hoxe non imos dar creto! Foi un día xenial e aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica.