junio 28, 2013

E... REMATAMOS A PRIMARIA!

EN SETEMBRO VERÉMONOS NO IES!
IMOS DE VACACIÓNS, IMOS GOZAR DUNS DÍAS DE MERECIDO DESCANSO, PERO NON DESCONECTAREMOS DE TODO... REPASAREMOS, POIS TEMOS QUE FACER UN 1º DA ESO MOI EXITOSO.
DEICA SETEMBRO!!

junio 14, 2013

ENSAIANDO PARA O FESTIVAL DE MAÑÁ

Xa falta menos para o festival.
Mañá no colexio haberá una festa grandiosa...
e nós imos achegar o noso gran de área.
Estamos a ensaiar e ultimar os últimos detalles.
vinde vernos!

junio 06, 2013

VISITAMOS O IES

HOXE FOMOS VISITAR O IES.
VIMOS AS AULAS, FALAMOS CON ALUMNADO DO INSTITUTO... TAMÉN FIXEMOS PREGUNTAS...
CHAMOUNOS A ATENCIÓN A PROHIBICIÓN DE USAR MÓBILES...
COMPARTIMOS O RECREO CO ALUMNADO DA ESO... SERÁN AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS O CURSO VINDEIRO!!!

mayo 22, 2013

ROSALÍA E O 150 ANIVERSARIO

NESTE MES CÚMPRESE OS 150 ANOS DA PUBLICACIÓN DE "CANTARES GALLEGOS" DE ROSALÍA.
PUIDEMOS GOZAR NO CENTRO DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE ESTA ESCRITORA.

mayo 01, 2013

UN NOVO CERTAME DE POESÍA NO COLEXIO

Neste ano tamén haberá certame de poesía.
Nós participaremos coas nosas composicións.
Xa veredes que maravillas!

abril 30, 2013

O AUTOR DO LIBRO "FÁBULA GALÉNICA" VISÍTANOS

NESTA SEMANA VISITOUNOS INÁCIO VILARIÑO, O AUTOR DE "FÁBULA GALÉNICA"
FÍXONOS UNHA ACTUACIÓN MOI INTERESANTE.
DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DESA SESIÓN.

abril 25, 2013

UNHA SEMANA DA PRENSA E DO LIBRO

ESTA SEMANA CELEBRAMOS NO CENTRO A SEMANA DO LIBRO E A PRENSA.
PARTICIPAMOS NUNHA ACTIVIDADE DE "CONTACONTOS" NAS QUE AS ALUMNAS E OS ALUMNOS ERAMOS CONTADORAS E CONTADORES.
XA VEREDES ALGUNHAS FOTOS...


Conto acumulativo 6ºA: O CONTO DO QUEIXO
MIRÁDENOS EN VÍDEO

abril 03, 2013

A NOSA EXCURSIÓN

FOMOS DE EXCURSIÓN!
UNHA SAÍDA INESQUECIBLE QUE TIVO DE TODO: PASEO, CULTURA, NATUREZA,ALGO DO XURÁSICO,LECER, CONVIVENCIA...
MIRADE ALGUNHAS FOTOS...

marzo 21, 2013

CHEGA A PRIMAVERA E...

ONTE CHEGOU A PRIMAVERA...
E PARA NÓS NESTE CURSO TRAE MOITAS COUSAS MÁIS:
- UNHAS MINIVACIÓNS
E...
- A EXCURSIÓN!
NON É UNHA EXCURSIÓN MÁIS É... A EXCURSIÓN!
XA VOS CONTAREMOS DETALLIÑOS DELA.

febrero 13, 2013

UNHA MÁQUINA RARA

NO COLEXIO APARECEU UNHA MÁQUINA RARÍSIMA... PARA QUE SERVIRÁ?
SE O SABEDES BOTÁDENOS UNHA MAN.

febrero 08, 2013

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2013

O DÍA 8, CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO.
NÓS, AS E OS MAIORES DO COLEXIO TIVEMOS MOITA TAREFA:
- AXUDAMOS NOS PREPARATIVOS
- BAIXAMOS Á MASCOTA: VILAVERDIÑO
- COPRESENTAMOS O EVENTO
- DESFILAMOS AO SON DUN BAILE COÑECIDÍSIMO
- PARTICIPAMOS NA VENDA DE LAMBETADAS: FILLOAS, ORELLAS, BISCOITOS,...
- AXUDAMOS NO XUÍZO AO GALO E NA SÚA QUEIMA
MENOS MAL QUE VEÑEN UNS DÍAS DE DESCANSO!!!!!


ELABORAMOS TRABALLOS EN GALEGO SOBRE O ENTROIDO E SOBRE O NOSO GALO

EN INGLÉS SOBRE O DÍA DA FILLOA...PANCAKE DAY...

enero 30, 2013

HOXE, DÍA DA PAZ

DESPOIS DE TRABALLAR ARREO SOBRE AS CUALIDADES, A IMPORTANCIA DE SER POSITIVAS E POSITIVOS,... DE TRABALLAR AO REDOR DA PAZ, TIVEMOS UNHA CELEBRACIÓN NO PATIO CON TODO O CENTRO:
- PRESENTAMOS O EVENTO
- INTERPRETAMOS UNHA SECUENCIA RITMADA: CHUCURUCHU QUE FOI SEGUIDA POLO RESTO DO ALUMNADO DO CENTRO
- TOCAMOS E CANTAMOS UNHA VERSIÓN DO "HIMNO DA ALEGRÍA"
- BAILAMOS

enero 28, 2013

INVESTIGAMOS CUALIDADES PARA FACER MENSAXES

LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO CON ADXECTIVOS, BUSCANDO CUALIDADES POSITIVAS...
QUEREMOS MANDARNOS MENSAXES, MENSAXES AGRADABLES, MENSAXES QUE SUBAN A AUTOESTIMA E QUE CONTRIBÚAN Á PAZ.
EN INGLÉS TAMÉN INVESTIGAMOS, TEMOS A CLASE TODA CHEA DE CUALIDADES E XA ESTAMOS ELABORANDO MENSAXES E COLOCANDO NUN MURAL ALGUNHAS DAS CUALIDADES ESCOLMADAS

enero 25, 2013

UNHA EXPERIENCIA PICASSIANA CON INFANTIL

ESTA SEMANA COLABORAMOS CO ALUMNADO DE INFANTIL DE CINCO ANOS NA RECREACIÓN DUN CADRO DE PICASSO.
TIÑAMOS A IMAXE DE DÚAS MULLERES CORRENDO E AS NENAS E OS NENOS DE INFANTIL DE CINCO ANOS TIÑAN QUE PENSAR CAL ERA O FONDO DESE CADRO...
FOI XENIAL!
TIÑAN UNHAS IDEAS ESTUPENDAS.
AXUDAMOS A QUE ELABORASEN OS FONDOS... QUEDARON GUAIS!!!!!
IMOS POÑER TODOS OS CADROS RESULTANTES NUNHA EXPOSICIÓN.
MENTRES TANTO MIRADE:

AGORA SÓ NOS QUEDA VER COMO ERA O ORIXINAL DE PICASSO... QUE CURIOSIDADE!

enero 18, 2013

A TODA MÁQUINA!

No recuncho de Mavera andamos con moita tarefa.
Neste trimestre as máquinas invádennos!
Temos máquinas inventadas; máquinas reais,...
Ata temos máquinas amables!!! Si, é unha máquina da paz, unha máquina que funciona con cualidades positivas das persoas... e claro teremos que botarlle o combustible.
Con tanta máquina non nos vai quedar máis remedio que ter expertas e expertos en máquinas: enxeñeiras e enxeñeiros, inventoras e inventores, persoal do servizo técnico,... Como vén o entroido igual se nos ocorre algo para contratar a tanta xente!